O Concello repón plantas de tempada nas rúas para ofrecer unha imaxe da cidade máis agradable
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns realiza traballos de reposición de plantas de tempada e arborado en nove rúas da cidade, labores de poda de árbores e saneamento de especies acuáticas no estanque do Vao. O obxectivo destas actuacións é manter atractivas as rúas da cidade cunha coidada xardinería.
Coa reposición de plantas conclúense actuacións na Gran Vía, na rotonda Tomás Paredes (Bouzas), na praza de Compostela, no nó de Isaac Peral e nas Carmelitas. Ademais da reposición de plantas, estase tamén a colocar arborado nas rúas Bolivia, México, O Porto e Jenaro de la Fuente coa especie aligustre (Ligustrum lucidum), que é unha árbore de folla perenne. Deste xeito, preténdese que os cidadáns poidan disfrutar dun ambiente máis agradable con flores e árbores coidadas en rúas moi frecuentadas.
Unha brigada procedeu tamén á limpeza integral con baleirado e saneamento das especies acuáticas do estanque do Vao, labores necesarios para que este espacio se manteña en boas condicións para os visitantes.
Poda de árbores
Outra das tarefas que se realizan nesta tempada é a poda de árbores. Nas rúas Pi y Margall e López Mora os operarios comezaron a poda de formación, esencial para o desenvolvemento das árbores e para o fomento da súa adaptación ás condicións futuras e posterior mantemento.
Na rúa Marqués de Alcedo un equipo está coa poda de mantemento e o martes 3 de decembro comezarán este labor na rúa Gregorio Espino se a climatoloxía o permite.
Mediana Castelao
Rematado o nivelado do terreo e a implantación do sistema de rega na mediana de Castelao, esta semana empezarán coa plantación do arborado coa especie denominada carpe (Carpinus) e de masas arbustivas como son Pieris japónica, Westringia longifolia, Leucothoe ”Zeblid” e Azalea japónica, que son arbustos con folla perenne e viváceas. Unha vez rematado esta plantación colocarase o tepe.
Estes traballos rematarán proximamente, se o tempo meteorolóxico o permite, e teñen como obxectivo fundamental ofrecer unha imaxe das rúas e parques máis agradable para os cidadáns que transitan por elas.
Descargar todas as imaxes