Patrimonio Histórico edita unha publicación sobre o convento de san Francisco
A Concellería de Patrimonio Histórico editou un libro titulado ”O ex-convento de san Francisco de Vigo”, elaborado por José Luis Mateo Álvarez. A concelleira Carmen Martínez-Corbalán explicou que esta publicación enmárcase nas actuacións de rexeneración do Barrio Histórico como a recuperación dun inmoble para destinalo a gardería municipal, o acondicionamento do contorno da igrexa de san Francisco, a posta en marcha dun plan de artesanía ou as melloras na fachada e cuberta do antigo convento.
”A construcción do convento de san Francisco é unha pequena xoia da arquitectura relixiosa encravada no Berbés, peza fundamental da historia socioeconómica da cidade de Vigo”, sinalou Corbalán. Mediante esta publicación, da que se editaron 1.000 exemplares, Patrimonio Histórico pretende pór en valor esta construcción e o seu valor social. O traballo realiza un percorrido polo único exemplo da arquitectura conventual que aínda perdura en Vigo, así como pola historia da comunidade franciscana e a súa participación na cidade.
As orixes da construcción, a importancia dos franciscanos na Reconquista, o proceso de exclaustración dos freires, a conversión en casa de beneficencia, a chegada das irmás da caridade, o proceso de recuperación da igrexa pola comunidade franciscana e os aspectos arquitectónicos e artísticos do edificio son algúns dos temas tratados nesta publicación. Ademais, achégase unha escola de anexos documentais e unha bibliografía de interese para os investigadores.
Descargar todas as imaxes