O Gabinete de Emerxencia chamará os voluntarios para a coordinación da limpeza de areais
O Concello organizou unha charla para o voluntariado co fin de ofrecer información sobre a actuación coordinada que se desenvolverá no caso de que o fuel procedente do Prestige entre no litoral vigués. Ademais do persoal municipal dispoñible, composto por 1.000 operarios, os voluntarios serán citados nun lugar concreto onde o Gabinete de Emerxencia do Concello de Vigo lles facilitará o equipo necesario e as indicacións precisas para a limpeza dos areais.
Se chega a marea negra á costa viguesa, a Oficina Municipal de Voluntariado chamará persoalmente aos inscritos que desexen prestar a súa colaboración. O voluntariado será coordinado para optimizar os recursos humanos dispoñibles e prestar a súa colaboración durante 3-4 horas diarias mentres baixe a marea.
A Oficina Municipal do Voluntariado, situada na lonxa do Concello, abrirá as súas portas de 16:00 a 20:00 horas para que os interesados poidan inscribirse. Tamén poden chamar ao teléfono 986-810213. Está previsto, ademais, habilitar pavillóns e postos de avituallamento para os voluntarios no caso de que fose necesario.
O especialista en coidado de aves mariñas Alberto Gil explicou o procedemento de actuación se os voluntarios descobren unha ave petroleada. As recomendacións son coller con coidado o animal impregnado en fuel, envolvelo nun pano para evitar o seu descenso de temperatura e introducilo nunha caixa cunha etiqueta na que se anotará a data e lugar de recollida. Despois, chamarase ao 085 para darlle traslado aos centros de recuperación de aves. No caso de atopar aves mortas deberanse dirixir a este centro co fin de obter datos da incidencia da mortalidade animal. Neste proceso, é imprescindible usar luvas de goma para evitar o contacto co fuel e feridas provocadas polo paxaro danado.
Pola súa parte, a experta en prevención e riscos Ana Estévez destacou as consecuencias de entrar en contacto co fuel e a necesidade de contar con roupa de protección, botas e mascariñas con filtro de carbono activo.
O contacto directo co combustible pode provocar irritación da pel e dermatite, a inhalación de vapores volátiles no caso de sobreexposición fai precisa a utilización de mascariña pola cantidade de xofre emanada e a súa inxestión debido a comer, beber ou fumar coas mans suxas pode provocar intoxicacións, náuseas e vómitos.
Descargar todas as imaxes