Escoitar

Isabel Monar actúa no festival Are-More

mércores, 4 dec 2002
A soprano Isabel Monar interpretará obras vocais profanas procedentes do ”Manuscrito Guerra” de finais do século XVII acompañada polo harpista Manuel Vilas. A cita será o 5 de decembro ás 20:30 na sala de concertos Martín Códax do conservatorio.

Isabel Monar estudiou canto con Ana Luisa Chova en Valencia, a súa cidade natal, ampliando os seus estudios de repertorio con Miguel Zanetti. Obtivo en 1991 o Premio Extraordinario Fin de Carreira.

Tras debutar no Teatro Principal de Valencia e no Festival Mozart, de Madrid, como Clorinda en La Cenerentola, interpretou A Frauta Máxica, de Mozart: Una Cosa Rara, de Martín y Soler: O Barbeiro de Sevilla, de Rossini, e O Elixir de Amor, de Donizetti. En versión de concerto interpretou Dido e Eneas, Carmen, Parsifal, A Walkyria, O Ocaso dos deuses e Pelléas e Mélisande.

Algunhas das súas actuacións máis destacadas foron Susana de As vodas de Fígaro: Adina, de O Elixir de Amor: Serpina de La serva padrona: Despina de Così fan tutte: Norina de Don Pasquale, Elisetta de O matrimonio secreto: Zdenka de Arabella e Dona Francisquita. Tamén interpretou Venus, de A Púrpura da Rosa: Rosina de O Barbeiro de Sevilla: Pamina de A Frauta Máxica, Marzellina de Fidelio: Illia de Idomeneo, baixo a dirección de Gómez Martínez: Divinas Palabras (estrea mundial) no Teatro Real de Madrid, dirixida por Ros Marbá, así como Despina de Cosí fan Tutte, baixo a dirección de López Cobos.

No ámbito concertístico destacan O Mesías, con Robert King: O Soño dunha noite de Verán, de Mendelssohn: Magnificat, de Bach, baixo a dirección de Peter Maag: A Novena Sinfonía, de Beethoven, con Neville Marriner, Octava Sinfonía, de Mahler, con Salvador Mas, ou o Réquiem de Mozart, con Christopher Hogwood. Traballa regularmente con Christophers, Comissiona, Decker, Gómez Martinez, López Cobos, Victor Pablo, Ranzani, Ros Marbá, Venzago, Weikert e Zedda.

Vilas

Manuel Vilas naceu en Santiago de Compostela, onde realiza os seus estudios musicais, e logo en Barcelona, Madrid e Milán. Estudia arpa barroca española con Nuria Llopis, e posteriormente arpa doppia italiana con Mara Galassi na Scuola Civica de Milán, sendo bolseiro pola fundación italiana ”Marco Fodella”.

Como arpa solista interpretou o Orfeo, de Claudio Monteverdi co Ensemble ”Elyma”, dirixido por Gabriel Garrido en Vigo (Festival ”Are More”) e San Sebastián, e coa ”Lyra Ensemble” de Munich, no festival de Passau (Alemaña). Participou en París e Viena, nas representacións da ópera de Monteverdi L´incoronazione di Poppea con ”Les Musiciens du Louvre”, dirixido por Marc Minkowsky. Recentemente ofreceu un concerto coa prestixiosa organista Montserrant Torrent no marco do Festival de Haarlem (Holanda).

Foi o primeiro arpista en ofrecer un curso de arpa de dúas ordes nos Estados Unidos, (Universidade de Amherst,Massachussets). Así mesmo deu conferencias sobre temas relacionados coa arpa barroca na Universidade Católica de Santiago de Chile, Conservatorio Superior de Zaragoza, Universidade de Santiago de Compostela, Scuola Civica de Milán, Misión de Concepción (Bolivia), etc.

PROGRAMA