Escoitar

Os mellores patinadores galegos daranse cita en Vigo na Gala de Patinaxe Artística

mércores, 4 dec 2002
A terceira gala da Federación Galega de Patinaxe Artística celebrarase o día 6 de decembro no pavillón de as Travesas. Máis de 89 deportistas participarán nese espectáculo de música e danza que organiza o Club Anduriña de patinaxe de Coruxo, a Federación e conta coa colaboración da concellería de Deportes.

O obxectivo da gala é agasallar os deportistas e entidades que fan posible que Galicia sexa a segunda comunidade autónoma máis galardoada nesta modalidade, despois de Cataluña.

A exhibición, de carácter gratuíto, comezará ás 19:00 e terá unha duración aproximada dunha hora e media. Consiste nun espectáculo de patinaxe artística, non competitivo, onde participarán tódolos campións galegos na modalidade de libre e show das distintas categorías e todos aqueles que non sendo campións, acadaron podio nos campionatos de España.

O espectáculo estará a cargo de 14 patinadores/as en individual e en parellas respectivamente: 31 en grupos de show e 30 do Club Anduriña. Os deportitas pertencen ós clubs de Maxia, Valadares, Cambre, CARPA, Luar, Ánfora, Fontiñas e Anduriña.