O Memorial Belarmino Alonso atrae a destacados atletas galegos e portugueses
O Memorial Belarmino Alonso de campo a través, que se celebrará o 8 de decembro, está patrocinado pola Concellería de Deportes. O Comesaña Sporting Club, coa autorización da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo, organiza este evento no barrio da Ponte, onda o paseo do río Lagares, que contará coa participación de destacados atletas galegos e portugueses.
Serán gañadores do XXIV Memorial Belarmino Alonso os primeiros atletas clasificados na carreira nas categorías promesa e senior, feminino e masculino. Outorgaránselles premios en metálico aos tres primeiros clasificados e haberá un trofeo para o club gañador de cada carreira.
Tódolos atletas participantes deberán ter dilixenciada cadansúa licencia para a tempada 2002/03.
As probas comezarán ás 10:30 e a última saída será ás 12:45 horas. As voltas do percorrido das carreiras contaranse a partir do primeiro paso pola liña de meta.
Descargar todas as imaxes