A urbanización Galindra, en Castrelos, disporá de vivendas unifamiliares
O Consello da Xerencia de Urbanismo deu o visto e prace definitivo á urbanización Galindra de Castrelos. Este planeamento urbanístico ordena unha superficie de 17.526 m2 na que se construirán 52 vivendas unifamiliares.
As vivendas ubicaranse ao longo de dúas ringleiras paralelas ao camiño da Galindra. A zona verde, 10.516 m2, ubicarase xunto á estrada e separando as dúas fileiras de edificios. Os promotores do Peri calculan que o coste de urbanización da área roldará os 400.000 euros.