Escoitar

A Autoridade Portuaria terá que pagarlle o Ibi ao Concello

luns, 9 dec 2002
A Autoridade Portuaria de Vigo terá que abonarlle ao Concello as cantidades correspondentes ás liquidacións efectuadas pola administración local polo Imposto de Bens Inmobles. A Autoridade Portuaria leva recorrendo sistematicamente esas liquidacións dende 1990. Agora, o Tribunal Supremo acaba de dictar duas sentencias firmes rexeitando dous deses recursos, os correspondentes ás liquidacións de 1994 e de 1996.

Malia que os Tribunais están a rexeitar todos e cada un dos recursos presentados pola Autoridade Portuaria, ese organismo segue a presentalos. O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo acaba de rexeitar outro recurso co que a Autoridade Portuaria pretendía evitar pagar o IBI polas novas instalacións da súa lonxa de altura. Na actualidade a débeda da Autoridade Portuaria co Concello polo impago do IBI ascende a 4.300.000 euros.