Escoitar

150 imaxes do arquivo Pacheco pódense ver ata finais de xaneiro en dúas sala da cidade

luns, 16 dec 2002
imx2134.jpg
Imaxe da mostra
A Casa das Artes e a Sala da Fundación Caixa Galicia acollen ata o 26 de xaneiro unha exposición fotográfica co título ”Pacheco: a memoria dun tempo e un país” na que se amosan fotografías do Fondo do Arquivo Fotográfico Pacheco. A exposición inaugurouse o pasado sábado polo concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe e o director da Fundación Caixa Galicia, José Castro.

As miles de fotografías que se gardan no Arquivo Pacheco, actualmente depositado na Casa das Artes de Vigo, son o resultado do traballo de varias xeracións de fotógrafos, desde o comezo da década dos setenta do século XIX no que se estableceu na cidade Felipe Prósperi, ata 1991 no que se clausurou definitivamente o histórico estudio da rúa do Príncipe e o Arquivo foi adquirido polo Concello.

Entre as dúas salas pódense contemplar máis de 150, positivadas por Pacheco e nos talleres José Catro Prieto. Con imaxes de 1940 péchase a exposición que devolve a proxección da cidade: a incesante actividade do porto e dos agonizantes estaleiros: o antigo Berbés: as desaparecidas fundicións: os primeiros estadios deportivos: as fábricas de conservas e salazóns: a saída dos emigrantes: a guerra civil. O interés da exposición trascende o ámbito de Vigo e de Galicia, para convertirse nun documento gráfico de interés universal.

A mostra complétase cun catálogo que inclue a totalidade das fotografías e documentos expostos: un riguroso estudio de Vitor Vaqueiro que rememora os lances profesionais e personais dos Pacheco: un texto introductorio do concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe e outro de Publio López Mondéjar, comisario da exposición.

A mostra, de carácter itinerante xestionada por Lunwerg Edicións, trasladarse despois de Vigo ó Centro Portugués de Fotografía en Porto: o Círculo de Bellas Artes de Madrid e á cidade de Sevilla.
Descargar todas as imaxes