Lois Castrillo: “O prioritario agora é frear a saída de fuel do Prestige”
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, considera que nestes momentos é prioritario poñer en marcha medidas que freen a saída de fuel do Prestige. O rexedor vigués estima que se non se buscan solucións a ese problema con urxencia, Galicia estará condenada a sufrir mareas negras por un periodo indefinido.
Lois Castrillo urxe ao Goberno central a que estudie con rapidez as propostas técnicas que se lle presentaron para extraer o hidrocarburo do barco afundido e que non demore por máis tempo a adopción dunha solución. O alcalde de Vigo lembra que do Prestige se escapan cada día máis de cen toneladas de fuel que, antes ou despois irán parar ás costas galegas: “non podemos estar loitando contra a chegada de sucesivas mareas negras durante meses: hai que poñerlle fin a este problema”.
Descargar todas as imaxes