”Os poetas de Vigo con Galicia. Nunca Máis”
A concelleira Carmen Martínez-Corbalán e Carlos Bernárdez, vicepresidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, presentaron o recital poético ”Os poetas de Vigo con Galicia. Nunca Máis” que se celebrará o venres 20 de decembro ás 20 horas no auditorio do Marco.
O recital pretende ser un acto de reafirmación e divulgación de compromisos ante o desastre ecolóxico que arrastra o verquido do Prestige. Esta actividade organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega realizarase noutras cidades de Galicia.
16 poetas de Vigo ou que viven en Vigo recitarán un texto cada un e ao remate lerase un poema do sentir do colectivo. Os poetas que participarán son Vaqueiro, Carmen Krukemberg, María Xosé Quizán, Román Raña, Xabier R. Baixeiras, Ramiro Fonte, Manuel Forcadela, Xosé Mª Cáccamo, Marga Romero, Fran Alonso, Marta Dacosta, Anxo Angueira, Manuel Vidal Villaverde, Xoan Carlos Domínguez, Alberte Pexegueiro e Xela Arias.
Descargar todas as imaxes