Escoitar

O programa ‘Noites Vivas’ súmase á campaña ‘Nunca Máis’ con mesas informativas en tódalas sedes

xoves, 19 dec 2002
O programa das Noites Vivas da concellería de Xuventude sumouse á campaña Nunca Máis contra a marea negra do Prestige coa instalación de mesas informativas en tódalas sedes. Nestas mesas pódese atopar un dossier informativo sobre o voluntariado e toda a información sobre a marea disponible en internet, follas de anotación de voluntarios, lazos negros para se poñer na roupa como símbolo de solidariedade e unha libreta onde os mozos poden escribir as súas opinións e sentimentos sobre a catástrofe.

Esta fin de semana desenvolveranse dúas novas xornadas das Noites Vivas, con contidos como bisutería ecolóxica, pintura en vidro ou danzas do mundo.

O 7 de xaneiro celebrarase o primeiro dos sorteos previstos no programa, no que poderán participar tódolos mozos que merquen o seu carné das Noites Vivas ata o 21 de decembro. Sortearase unha viaxe á República Dominicana para dúas persoas e unha motocicleta Scooter modelo 50 cc. Daelim Message II.

Programación do venres 20 de decembro

–Centro Xuvenil Municipal da rúa Uruguai: cociña (postres de Nadal), selfservice (obradoiros libres de tatuaxes, pintado de camisetas, globoflexia...), sala de xogos, internet.
–Pavillón do Berbés: bailes de salón, tiro con arco, musculación, squash
–Asociación Xuvenil Abertal: maratón deportivo de futbito e baloncesto, futbolín, internet, sala multiusos, PIX.
–Asociación de Veciños de Beade: cíber, bailes de salón, cine (La habitación del pánico).
–Asociación de Veciños Doutor Fleming: perfumes, xogos de mesa, internet, bisutería ecolóxica.
–Espacio Xove do Castro: obradoiro de pintura adhesiva en vidro, campionato de xogos na rede.
–Club Slot de Vigo: scalextric.
–Praza Elíptica: break dance, bailes estándar, obradoiro de henna.
–Piscina de Lavadores: acuaeróbic.
–Plan Comunitario de Teis: búsqueda do tesouro polo barrio.

Programación do sábado 21 de decembro

–Centro Xuvenil Municipal da rúa Uruguai: maquillaje de festa, selfservice (obradoiros libres de tatuaxes, pintado de camisetas, globoflexia...), sala de xogos, internet.
–Asociación Xuvenil Abertal: faino ti mesmo (obradoiros libres de pins, colares, pulseiras de fío...).
–Espacio Xove do Castro: obradoiro de pintura adhesiva en vidro, campionato de xogos na rede.
–Pavillón de Coia: wing tsung, danzas do mundo, xogos de rol en vivo, baloncesto mixto, pachanga.