Entrega dos premios escolares “A cidade sen o meu coche”
O concelleiro de Tráfico e Transportes, Xoaquín de Acosta, entregou os premios do concurso que convocou o Concello co lema “A cidade sen o meu coche”. Os centros premiados foron o IES de Valadares Colexio Divino Salvador de Coruxo.
Os colexios galardonados foron o IES Valadares, que presentou un traballo elaborado por alumnos de Ciencias Medioambientais e da Saúde de 3º e 4º de ESO titulado “Estudio dos modos de transporte en Vigo e as súas repercusións medioambientais”, e o Colexio Divino Salvador de Coruxo, que presentou dous murais realizados por alumnas de 1º de ESO.
O concurso contou co patrocinio de Caixanova. Os premiados repartíronse 1.000 euros.
Vigo organizou no mes de setembro pasado unha campaña ”A cidade sen o meu coche” que consistiu nunha xornada de concienciación dirixida á cidadanía para que reflexione sobre a utilización do vehículo privado.
Conferencias, exposicións, visitas guiadas ao casco vello, carreiras de patíns, patinetes e paneis, teatro de monicreques, obradoiros infantís e un festival folclórico foron algunhas das actividades organizadas.
Descargar todas as imaxes