A Casa das Artes acolle unha mostra coa obra gráfica de Laxeiro
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou a exposición ”Laxeiro, obra gráfica” que permanecerá na Casa das Artes ata o 16 de febreiro. A mostra está integrada por catro cartafoles de gravados realizados por Laxeiro na súa última época.
A colección amosa a faceta gráfica do Laxeiro maduro, cunha vertente máis lúdica e menos dramática. O pintor realizou estas obras de 1981 a 1993, nos anos nos que tivo unha grande actividade expositiva entre Madrid e Galicia pero que, sobre todo, foi a época de recoñecementos e homenaxes.
A serie que abre a exposición ”Seis gravados calcográficos do mundo de Laxeiro” é un cartafol realizado co gallo duha homenaxe que o grupo Atlántica lle fixera en 1981, recoñecendo a Laxeiro como un dos seus antecedentes inmediatos.
En torno á pintura, 1992
Texto escrito por Laxeiro para unha charla que o artista pronunciou en Bos Aires, en 1962. Unha charla que quizais só pretendía transmitir algunhas das súas reflexións como artista. Hoxe, corenta anos despois, a claridade, a agudeza e a honestidade das ideas esbozadas asombran pola súa vixencia. Co gallo das ideas expresadas nesta charla, o artista fixo esta carpeta de gravados en 1993. Dúas augatintas e un augaforte que son un bo exemplo da soltura e axilidade xestual do Laxeiro da última época.
Nadal, 93. Calcografías de Laxeiro, 1993
Tres calcografías orixinais que o artista fixera co gallo das festas de Nadal do ano 1993. Coa técnica do verniz blando. Personaxes do seu particular mundo entre o fantástico e o real.
Triloxía, 1995
Tres gravados orixinais de Laxeiro realizados polo artista sobre tres planchas de zinc cada un coa técnica da augaforte/augatinta estampados en negro e tres cores sobre papel Biblos de 250 gramos e 28 x 38 centímetros.
Seis gravados calcográficos do mundo de Laxeiro, 1981
Cartafol de gravados que fixo Laxeiro co gallo da exposición titulada ”Érase unha vez Laxeiro...” que o colectivo Atlántica lle fixera como homenaxe en Vigo, no ano 1981. Este cartafol inclúe un interesante texto de Francisco Fernández del Riego que fai unha semblanza do mundo de Laxeiro e a súa forte personalidade.
Descargar todas as imaxes