As ‘Tardes Vivas’ ofrecen os rapaces máis novos un espacio onde pasa-las tardes dos sábados cos seus colegas
A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo ven de poñer en marcha as Tardes Vivas, un programa complementario do xa consolidado Noites Vivas, co fin de que os rapaces máis novos, de 12 a 18 anos aproximadamente, podan dispoñer dun espacio onde estar nas tardes dos sábados e pasa-lo tempo cos seus colegas.
O programa comezou o pasado 21 de decembro e, nun principio, desenvolverase ata finais de xaneiro, coa posibilidade de ter continuación. As Tardes Vivas terán lugar de 17.30 a 20.30 horas en seis sedes: Espacio Xove do Castro, Centro Xuvenil Uruguai, Asociación de Veciños Doutor Fleming, Espacio Aberto de Teis, Plan Comunitario do Casco Vello e Centro Xuvenil Abertal.
Este sábado 28 de decembro, ademáis doutras actividades, celebrarase a festa dos Santos Inocentes:
–Espacio Xove do Castro: velas aromáticas, cómics, cíber, xogos de mesa, obradoiros.
–Centro Xuvenil Uruguai: globoflexia, internet, xogos, vídeo, televisión.
–Asociación de Veciños Doutor Fleming: xogos de mesa, internet.
–Espacio Aberto de Teis: festa dos Santos Inocentes.
–Plan Comunitario do Casco Vello: xogos de rol, komotoko, titiriteatro, kontakonto.
–Centro Xuvenil Abertal: candeas aromáticas, futbolín, internet, ping pong, xogos de mesa.
O Concello de Vigo continuará coas ‘Noites Vivas’ en 2003
Esta fin de semana celebraranse as últimas Noites Vivas de 2002. En Nadal, o programa da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo só parará a primeira fin de semana de 2003, de xeito que será retomado o 10 e 11 de xaneiro sen interrupción ata a fin do curso.
A programación de 2003 estará disponible na Casa da Xuventude e nas distintas sedes das Noites Vivas xa esta fin de semana.
Cociña internacional, tiro con arco, vidrieras e obradoiro de candeas aromáticas serán algúns dos contidos do programa na súa despedida do ano. As actividades comezarán, como sempre, entre as 22.00 e as 23.00 horas, coa excepción dunhas poucas, que empezarán xa ás 18.00.
Programación do venres 27 de decembro:
–Centro Xuvenil Municipal da rúa Uruguai: cociña internacional, selfservice (obradoiros libres de pintado de camisetas, globoflexia, tatuaxes...), sala de xogos, internet.
–Pavillón do Berbés: bailes de salón, tiro con arco, musculación, squash.
–Asociación Xuvenil Abertal: faino ti mesmo (obradoiros libres de papiroflexia, pins, colares...), futbolín, internet, sala multiusos, PIX.
–Espacio Xove do Castro: obradoiro de candeas aromáticas, campionato de xogos na rede.
–Praza Elíptica: clown-malabarismo, bailes estándar, obradoiro de malabares.
–Club Slot de Vigo: scalextric.
–Piscina de Travesas: acuaeróbic.
Programación do sábado 28 de decembro:
–Centro Xuvenil Municipal da rúa Uruguai: vidrieras, selfservice (obradoiros libres de pintado de camisetas, globoflexia, tatuaxes...), sala de xogos, internet.
–Asociación Xuvenil Abertal: obradoiro de candeas aromáticas, futbolín, internet, sala multiusos, PIX.

–Pavillón de Coia: obradoiro exhibición de breakdance, maquillaxe de efectos.