Escoitar

Curso de iniciación á arte contemporánea para adultos

xoves, 9 xan 2003
O vindeiro mércores 15 de xaneiro comenzará no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Curso de iniciación á Arte Contemporánea para adultos. Este curso terá lugar tódolos mércores de 19,00 a 20,30 h. no salón de actos do museo ata o 21 de maio.

O prezo de matrícula é de 90 euros e as solicitudes están a disposición do público na taquilla do MARCO. O número de prazas está limitado a 100 participantes. Para a aceptación de matrículas, seguirase estrictamente a orde de recepción das mesmas.

O curso será impartido polas historiadoras da arte Alicia Carrera e Begoña Fernández, ámbalas dúas cunha dilatada experiencia profesional.

Estas xornadas de formación están dirixidas ao público interesado en coñecer de primeira man os movementos artísticos dos séculos XX e XXI e as claves pedagóxicas que faciliten a súa incorporación nas aulas, intentando ser unha plataforma de diálogo entre a sociedade e o museo.

PROGRAMA DO CURSO Iniciación á Arte Contemporánea

1. Antes da I Guerra Mundial:
Tendencia lírico subxectiva: fauvismo, expresionismo, dadaísmo.
Audiovisuais, textos e comentario de obras
15 de xaneiro-22 de xaneiro
sesión teórica e sesión práctica

2. Tendencia xeométrica: cubismo, orfismo, raionismo, suprematismo, constructivismo, neoplasticismo.
Audiovisuais, textos e comentario de obras
29 de xaneiro-5 de febreiro
sesión teórica-sesión práctica

3. O periodo de entreguerras: Surrealismo, nova obxectividade, de Guernica á II Guerra Mundial, a arte dos reximes totalitarios.
Audiovisuais, textos e comentario de obras
12 de febreiro-19 de febreiro
sesión teórica-sesión práctica

4. Arte galega na primeira metade do século XX: cos “novos” nace a modernidade
Audiovisuais, textos e comentario de obras
26 de febreiro-5 de marzo
sesión teórica-sesión práctica

5. Arte para despois dunha guerra: Informalismo expresionista abstracto, formalismo e arte normativa.
Audiovisuais, textos e comentario de obras
12 de marzo-26 de marzo
sesión teórica-sesión práctica

6. A explosión dos anos sesenta e setenta: pop-art, novos realismos, minimal, povera, land-art, hiperrealismo... a diversificación da arte.
Audiovisuais, textos e comentario de obras
2 de abril-9 de abril
sesión teórica-sesión práctica

7. De 1980 ós nosos días: apropiación, deconstrucción, simulación, posmodernidade e outros. Pluralismo e fin do binomio
abstracción-representación.
Audiovisuais, textos e comentario de obras
16 de abril-23 de abril
sesión teórica-sesión práctica

8. Arte galega da segunda metade do século XX.
Galicia na arte internacional.
Audiovisuais, textos e comentario de obras
30 de abril-7 de maio
sesión teórica-sesión práctica

9. A arte do século XX en tres capitais europeas: Madrid (Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía), París (Centro George Pompidou), Londres (Tate Modern Gallery) audiovisuais, textos e comentario de obras
14 de maio-21 de maio
sesión teórica-sesión práctica

MÁIS INFORMACIÓN:

MARCO, MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO
Departamento Didáctico
Rúa Príncipe nº 54
36202 Vigo, España
Tel. +34 986 11 39 03
Fax.+34 986 11 39 01
Horario_de 10 a 13 horas de luns a venres