Toba atribúe o aumento na concesión de licencias a un mellor funcionamento da Xerencia de Urbanismo
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, atribuiu o incremento que se produciu nos últimos anos na concesión de licencias de obra a un mellor funcionamento da Xerencia de Urbanismo do Concello. Segundo Toba, na actualidade tramítanse con máis rapidez as licencias porque se implantou un novo sistema de traballo e porque se dotou os servicios municipais de Urbanismo de máis persoal. Nos últimos tres anos incorporáronse á Xerencia de Urbanismo 18 funcionarios que reforzaron os servicios administrativos e o equipo técnico (arquitectos, aparelladores e xuristas).
En calquera caso, o concelleiro opina que é necesario mellorar aínda máis os procedementos de xestión urbanística en Vigo: “conseguimos vencer vellas inercias e axilizar os procedementos administrativos da Xerencia, pero, pouco a pouco, poderemos avanzar aínda máis nos próximos anos”.
A Xerencia de Urbanismo de Vigo tramitou e resolveu 3.568 licencias durante o ano 2002. Iso representa que o ritmo de concesión de licencias de obras maiores e aperturas se incrementou un 8% con respecto a 1998. Nese ano tramitábanse 184 licencias ao mes. O pasado ano a media foi de 200 cada mes.
Aprobado o estudio de detalle do cuarteirón nº 91 do PEEC
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o estudio de detalle do cuarteirón nº 91 do Plan Especial de Edificios a Conservar, enmarcado entre as rúas Venezuela, Loriga, Panamá e Ecuador. O estudio de detalle reaxusta as aliñacións interiores desta mazá de edificios e fixa as rasantes do patio. A proposta foi presentada pola entidade “Apartamentos Paseo Marítimo S.L.”, interesada en construír un inmoble nese cuarteirón.