‘Noites Vivas’ premia os mozos vigueses cunha moto e unha viaxe á Republica Dominicana
O primeiro sorteo do programa Noites Vivas da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, celebrado o pasado 7 de xaneiro, tivo como gañadores a Daniel Dios Díaz e Begoña González Cacheiro. O primeiro, co carné 1.020, acadou unha viaxe á República Dominicana para dúas persoas durante unha semana, con tódolos gastos pagos e datas a elixir en tempada baixa. González Cacheiro gañou unha moto Scooter Modelo 50 CC. Daelim Message II. A viaxe foi patrocinada por Viaxes Eroski, e a moto, por Moto Pasión.
No sorteo participaron tódolos mozos que mercaron o carné das Noites Vivas ata o pasado 21 de decembro de 2002. Proximamente haberá novos sorteos nos que poderán participar tódolos rapaces que teñan o carné. Este pode mercarse por 6 euros na Casa da Xuventude, o Centro Xuvenil da Rúa Uruguai, o Cibercastro, a Concellería de Deportes ou calquera das sedes do programa.
O carné é tamén imprescindible para participar en tódalas actividades das Noites Vivas, que se desenvolven os venres e sábados polas noites. Estas son moi variadas e van desde cineforum ata obradoiros de cestería, pintado de camisetas ou globoflexia, pasando por internet, bailes de salón, deportes, xogos de rol, etc.
O obxectivo do programa é ofrecerlles ós mozos vigueses unha alternativa ós bares e pubs para as noites das fines de semana.