O alcalde solicitará a Sanidade unha sección neurolóxica especializada en esclerose múltiple para Vigo

Abel Caballero enviará unha carta á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, solicitando para Vigo unha sección especializada en esclerose múltiple. Este foi o compromiso que asumiu cos responsables da asociación que loita por esta enfermidade na nosa cidade e que o 30 de maio conmemoran o día europeo desta doencia.

martes, 21 feb 2012
1329833408esclerose.JPG
Unha exposición na Casa da Cultura de Vigo é unha das actividades que a Asociación de Esclerose Múltiple de Vigo organizará este ano, ao longo do mes de maio, para conmemorar o día europeo adicado a esta enfermidade que se celebra o día 30 dese mes. Segundo trasladaron ao rexedor os responsables desta asociación, cos que mantivo un encontro esta mañá de martes, distintos e recoñecidos pintores vigueses cederán unha das súas obras para esta mostra, traballos que despois serán vendidos para recadar fondos para a asociación social.

Na súa comparecencia cos medios de comunicación, Abel Caballero, ademais de anunciar o apoio municipal a esta iniciativa, avanzou que solicitará por carta á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, a posta en marcha dunha sección especializada en esclerose múltiple en Vigo, tal e como lle pediron os responsables deste colectivo.
Descargar todas as imaxes