Caballero anuncia o "éxito garantizado" da iniciativa de promoción turística Una noche de Vigo en Madrid

O rexedor explicou que esta tarde de martes parte "a avanzadilla" de músicos e xornalistas que participarán na iniciativa de promoción turística Una noche de Vigo en Madrid que se desenvolverá mañá na discoteca Joy Eslava de Madrid. Tras aclarar que se trata dun "evento con éxito garantido" anunciou todo o empeño do Goberno municipal no impulso da marca Mar de Vigo.

martes, 21 feb 2012
1329840843unanochedevigoenmadrid.jpg
Abel Caballero "despediu" esta mañá de martes "a avanzadilla" de músicos e xornalistas que participarán na iniciativa de promoción turística Una noche de Vigo en Madrid que se celebrará mañá na discoteca madrileña Joy Eslava. Referiuse a esta acción municipal "como evento con éxito garantido" posto que xa hai confirmada a asistencia dun número de profesionais e prescriptores de opinión que rebasa os 300. Neste punto, anunciou que tamén se invitou a todos os membros e ex membros de goberno desta provincia.

Durante a súa comparecencia cos medios de comunicación, explicou que esta iniciativa municipal "supón un cambio na concepción da promoción turística, con sistemas máis modernos e eficaces" posto que é unha acción que se desenvolve de xeito exclusivo e, polo tanto, non compite con outras iniciativas. Nesta liña, anunciou todo o "empeño do Goberno municipal" no impulso da marca Mar de Vigo e lembrou que o custe desta Noche de Vigo en Madrid é a metade do que custaba a presenza da cidade en Fitur.
Descargar todas as imaxes

Máis información