Caballero inaugurou a humanización e o aparcadoiro soterrado de Jenaro de la Fuente, con case 500 prazas
O alcalde de Vigo e concelleiros dos tres grupos políticos da Corporación asistiron este venres á apertura do aparcadoiro de Jenaro de la Fuente e da humanización "con granito da mellor calidade" en superficie, unha reforma que supuxo un investimento de 10 millóns de euros. O parking ten 474 prazas, o 20% destas para residentes, e será gratuito durante a primeira semana.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este venres á inauguración oficial do novo aparcadoiro de Jenaro de la Fuente e da humanización da superficie da rúa, acto no que estiveron presentes concelleiros dos tres grupos políticos municipais e a Presidenta da Federación de Comerciantes de Vigo (FECOVI), Encarna Álvarez.
O investimento total do aparcadoiro soterrado e da humanización "en granito da mellor calidade" ascendeu a 10 millóns de euros, informou Caballero, quen citou asemade que o parking ten 400 metros de lonxitude e 17,2 de anchura media, suma 474 prazas en total, das que 95 -o 20%- quedan reservadas para residentes.
O alcalde indicou que a empresa, ante a dificultade de vender a reserva para os veciños, estuda co Concello unha fórmula de bonos de longa duración, un proceso próximo ao aluguer das prazas por semanas ou meses que podería exportarse a outros aparcamentos da cidade en situación similar.
Baile
A apertura da rúa estivo amenizada este venres coa actuación do grupo de baile-Bboying Inthecisos Crew, nacido en 2004 e formado actualmente por seis rapaces vigueses con ampla experiencia en actuacións e competicións pola península.
Descargar todas as imaxes