Santi Domínguez salienta o "gran éxito" da acollida ao novo complexo de auga de Coia-Florida, que ten xa 3.500 abonados
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este venres que o feito de que máis de 3.500 persoas xa están abonadas ao complexo de auga de Coia-Florida na primeira semana de funcionamente supón "un gran éxito". Asegurouno no percorrido que realizou esta mañá polo complexo deportivo, xunto aos concelleiros de Deportes, Xabier Alonso, e Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, "para comprobar in situ" o funcionamento das instalacións.
"Coa posta en marcha deste complexo "Máis que auga" acertamos para dar resposta ás demandas da cidadanía", salientou o tenente de alcalde, tras realizar diversos exercicios no ximnasio, actualmente o maior da cidade, con 600 metros cadrados de superficie. Este ximnasio complétase con catro salas para diversas actividades, de entre 100 e 150 metros cadrados cada unha, así como unha piscina cuxo vaso principal é de 25 x 12,5 metros e outras dúas piscinas de 10 x 6 metros. En total, a superficie desta nova área de Coia-Florida supera os 4.600 metros cadrados.
O nacionalista amosou a súa satisfacción pola apertura do centro, "tras un longo proceso" indicou, pero tamén pola resposta da cidadanía. Neste sentido explicou que xa hoxe diversos usuarios e usuarias transmitíronlle que están "encantados co complexo". Segundo Santi Domínguez, esta infraestrutura vai marcar "un antes e un despois" a respecto das instalacións deportivas de Vigo.
O tenente de alcalde avanzou que este centro deportivo completarase coa posta en marcha no mes de decembro do complexo de auga de Barreiro. O investimento total destas dúas áreas deportivas de auga ronda os 15 millóns de euros. "Dende o BNG temos clarísimo que a calidade de vida é o que máis debe importar ao goberno e nós imos seguir traballando nesta liña", defendeu.
Descargar todas as imaxes