Escoitar

Santi Domínguez amosa a súa satisfacción pola reanudación do servizo de Coidadores de Barrio

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosou hoxe a súa satisfacción pola reanudación hoxe do servizo de Coidadores de Barrio do Casco Vello, tras a súa constitución en cooperativa. O nacionalista, que durante a súa etapa como presidente do Consorcio do Casco Vello puxo en marcha os Coidadores de Barrio, salientou que se cumpre así o dobre obxectivo co que se creou esta figura. Por unha banda a zona histórica continúa dispoñendo dun servizo que atende ás necesidades do barrio e da veciñanza e por outra foméntase o autoemprego das persoas que inicialmente foron contratadas.

xoves, 4 nov 2010
Durante o último mes o servizo estivo interrumpido para formalizar a constitución da cooperativa, que puxeron en marcha catro das traballadoras e que son as que contratan ao resto do persoal. A reanudación do servizo é tamén posible grazas a achega de 60.000 euros que o Concello de Vigo fixo recentemente ao Consorcio do Casco Vello para poder dar continuidade ao servizo.

Santi Domínguez subliñou que os Coidadores de Barrio son unha "peza fundamental na aposta pola rehabilitación integral do Casco Vello" e felicitou aos traballadores e traballadores "porque estamos tremendamente satisfeitos polos resultados acadados desde que está en funcionamento".