Escoitar

O alcalde consegue o apoio de RACE e Rede Eléctrica de España ao proxecto vigués de cidade piloto do coche eléctrico

Abel Caballero mantivo este xoves unha reunión con directivos do Real Automóbil Club de España e de Rede Eléctrica de España dos que "temos todo o seu apoio" para a consolidación de Vigo como cidade piloto do coche eléctrico. Segundo avanzou, en febreiro montarán un stand de "presentación e demostración" do emprego do vehículo eléctrico, sendo Vigo unha das oito urbes estatais elexidas para este proxecto.

xoves, 4 nov 2010
1288878749electrico.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acadou hoxe xoves o respaldo do Real Automóbil Club de España (RACE) e de Rede Eléctrica de España ao proxecto municipal que busca converter a Vigo en cidade piloto do coche eléctrico no Estado.

Caballero entrevistouse esta mañá con directivos de ambas entidades, a quenes lles expuxo a iniciativa viguesa conseguindo destas "todo o seu apoio neste proceso". Este respaldo ten "relevancia", explicou o primeiro edil, pois Rede Eléctrica xestiona a regulación do sistema eléctrico español e poderán facilitar información ao Concello sobre os momentos óptimos de recarga do coche "a custos menores".

O alcalde vigués avanzou que Vigo foi unha das oito cidades españolas elexida por ambas compañías para elaborar un acto de promoción do uso do coche eléctrico. Esta actividade celebrarase na cidade olívica en febreiro, cando habilitarán un stand de "presentación e demostración" do emprego do novo e ecolóxico sistema de transporte.
Descargar todas as imaxes