Santi Domínguez di na inauguración da reforma da Subida ao Castelo que a recuperación do Casco Vello "é xa realidade"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves a reforma da Subida ao Castelo e a súa extensión cara a rúa Hortas, que permitirá que a recuperación da superficie do Casco Vello remate antes do previsto. Segundo destacou o nacionalista, con esta actuación, que supuxo un investimento de 184.000 euros nunha superficie total de 460 metros cadrados, a recuperación do entramado viario do barrio histórico iniciado hai tres anos "é xa unha realidade" e seguirase traballando na rehabilitación de inmobles.
"Ano tras ano investimos no Casco Vello e recuperamos espazos degradados, como este no que nos atopamos", afirmou Santi Domínguez. O tenente de alcalde asegurou que coa renovación desta zona cúmprese un dos seus obxectivos, como é a recuperación integral do Casco Vello e a reconquista de novos espazos para a cidadanía.
O nacionalista explicou que as obras, levadas a cabo con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade deste ano, ademais da recuperación do entramado viario, inclúen a mellora da rede de abastecemento de auga, incrementando a capacidade da rede de alcantarillado e establecendo a rede separativa, ademais da renovación do alumeado. "Non só queremos actuar no que se ve, senón tamén no que incrementa a calidade de vida", salientou.
O tenente de alcalde avanzou que en breve rematarán as obras no contorno da Colexiata, de feito que a renovación do Casco Vello na superficie non edificable "concluirá bastante antes do que prometeramos". Lembrou que ao seu xuízo a recuperación total sería un proxecto para dúas lexislaturas, "pero cando faltan sete meses para o remate desta lexislatura, a renovación xa é visible", salientou.
Descargar todas as imaxes