Caballero presenta un proxecto de lei de área metropolitana "viable", "financiable" e "adaptado á realidade"
A proposta abrangue un area de 14 municipios integrada por Baiona, Nigrán, Gondomar, Fornelos de Montes, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Vigo.Prevé o máximo teito competencial superando "folgadamente" as competencias propostas polo proxecto do ano 2005 ou as xa existentes na Área Metropolitana de Barcelona. O seu financiamento parte do principio "irrenunciable" de non ter ningún custo adicional para os cidadáns da área metropolitana.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe xoves o proxecto de lei de Área Metropolitana que abrangue os concellos de Baiona, Nigrán, Gondomar, Fornelos de Montes, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño.
Na presentación, na que o alcalde vigués estivo apoiado polos alcaldes de Nigrán, Fornelos, Redondela, concelleiros de concellos coma Mos, entre outros, Caballero defendeu o texto coma un proxecto "viable, financiable e adaptado á realidade".
Deste xeito o rexedor avanzou que cumpriuse o compromiso realizado hai 20 días no que asegurou que presentaría o texto. Caballero sintetizou a esencia do proxecto na "eficacia e a eficiencia", tanto na prestación de servizos aos cidadáns da area -preto de 500.000 habitantes- coma no goberno colectivo. Tal e como sinalou Caballero a través da Área Metropolitana os cidadáns verán mellorada a calidade de vida, acadarán un mellor goberno colectivo e dará resposta a problemas coma os
"coordinación de ordenación de territorio, de transporte ou de planificación de infraestruturas", entre outros.
Tamén destacou o rexedor socialista que mellorará a calidade de vida e reducirase o custo, todo elo levado a cabo, segundo apuntou, "desde a conciencia de autogoberno, desde a participación de 14 municipios e desde o equilibrio e a cohesión social e territorial".
Outros dos argumentos esgrimidos para que o proxecto saia adiante son "a suficiencia financeira, a necesidade de proximidade da administracións aos administrados, a eliminación da burocracia e o fin da duplicidade das administracións".
Respecto a composición proposta Caballero explicou que, se ben o proxecto abrangue inicialmente 14 municipios, existe a posibilidade de integración inmediata dos restantes municipios da zona.
Competencias
O proxecto de lei prevé o máximo teito competencial superando "folgadamente" as competencias propostas polo proxecto do ano 2005 ou as xa existentes na Área Metropolitana de Barcelona. Estas competencias son Transporte e Mobilidade, augas, residuos, promoción económica e emprego, turismo, concellos en rede, servizos sociais, medioambiente, promoción e aproveitamento de enerxías alternativas, ordenación do territorio, planificación de infraestruturas, dotacións e equipamentos, prevención e extinción de incendios e coordinación da Policía Local e Salvamento e Protección Civil.
Abel Caballero asegurou que o financiamento parte do principio "irrenunciable" de non ter "ningún custo adicional para os cidadáns da área metropolitana". Así incidiu en que este é un proxecto "economicamente sustanciado e con capacidade de financiamento sen incremento de impostos e da presión fiscal" sobre os cidadáns que integran esta área metropolitana.
A forma de financiamento pasaría polas achegas de cada un dos concellos que a compoñen, polas achegas da Deputación Provincial "a través dun sistema que significa a entrada nesas competencias desta área e a retirada da Deputación". A elo sumaríanse os fondos provenientes da Xunta, "coma consecuencia do traspaso de competencias á Área Metropolitana".
Persoal
No apartado de persoal, o rexedor asegurou que a provisión ten que vir ben de prazas dotadas dos concellos integrados ou de prazas amortizadas nestes concellos, pero que en ningún caso se crearán prazas adicionais "nin de funcionarios nin de contratados". "A figura de Director Xeral será optativa, potestativa e o decidirán os propios órganos de goberno da Area", dixo Abel Caballero.
Tal e como expón o proxecto se extinguiría a actual Mancomunidade e se retirarían todos os servizos administrativos duplicados existentes doutras administracións, polo que en consecuencia "acadaríanse mellores servizos con menos custe e menos burocracia".
Organos de goberno
O Consello Metropolitano estaría composto por 51 membros designados por cada un dos 14 concellos. Serán membros natos os 14 alcaldes dos municipios que integran a Area Metropolitana e a forma de cálculo "é unha formula de poboación corrixida", indicou Caballero. Así explicou que se prima aos concellos con menos poboación polo que Vigo pasa a ter 23 membros de 51 e os 28 restantes se reparten entre o resto de integrantes. Tamén afirmou que a aplicación proporcional da poboación "daría 28 membros de Vigo e 23 do resto"
Pola súa banda a Xunta de Goberno aparece constituída polos 14 alcaldes, que contan con voto ponderado de acordo cos representantes que teña no consello metropolitano, unha fórmula que se aplica no actual funcionamento do goberno da Mancomunidade de Vigo.
O Presidente é elixido polo Consello Metropolitano a proposta da Xunta de goberno, resultando elixido por 2/3 dos votos da Xunta de Goberno e 2/3 dos votos do Consello Metropolitano. Neste eido o alcalde vigués incidiu en que o xeito de funcionamento entre os tres órganos de goberno "ten un sesgo pouco presidencialista comparado con outras areas metropolitanas"
Descargar todas as imaxes