O teatro infantil volve o domingo ao Auditorio Municipal coa obra "Rosalía, a pulga que escribía"
A compañía de monicreques Galitoon interpretará o domingo 7 de novembro ás 18 horas a obra "Rosalía, a pulga que escribía" no Auditorio Municipal. Con esta representación volve ao Auditorio do Concello o teatro infantil dentro da programación estable de artes escénicas organizada pola Concellería de Cultura
Integrada por Santiago Alonso e Rogelio Lema, Galitoon narrará a historia dunha pulga moi, moi pequena, Rosalía. Rosalía escribe unha carta cada día, métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Ademais, Bruno o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario e lerlla.
O prezo das entradas para ver a obra é de 3 euros os nenos e nenas até 12 anos e 5 euros os maiores. Pódense adquirir anticipadamente a través da páxina web www.laboleteria.es ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo. A información completa da programación pódese consultar no 010 ou na web www.vigo.cultura.org.