Convocatoria para participar no proxecto xovigo de coro e orquesta xuvenil
<br />
A Asociación Galega de Música ATLANTIC MUSIK (AGMAM) en colaboración coa Tenencia de Alcaldía do concello de Vigo convocan a todos e mozos e mozas de entre 15 e 25 anos a participar nas probas de selección do Coro e a Orquestra Xuvenil Xovigo. As probas para participar na Orquestra terán lugar os días 28 e 29 de decembro de 2010 no Círculo Mercantil de Vigo. A proba de selección do Coro terá lugar o mércores 10 de novembro ás 17 horas no Auditorio Municipal de Vigo.
As inscricións para participar nas probas de selección, tanto do coro como da orquestra, poderá realizarse por correo electrónico ao enderezo asociacionatlanticmusik@gmail.com aportando a seguinte información: nome, apelidos, modalidade na que quere participar (coro ou orquestra); no caso de participar na modalidade de orquestra indicar o instrumento, idade, NIF, centro no que realiza estudos musicais se é o caso, enderezo, código postal, teléfono e correo electrónico.
Máis información: 682148881 (en horario de 17 a 19 horas) e na web www.vigocultura.org.