Xabier Alonso apoia o labor da Federación de Taekwondo que terá catro deportistas no Mundial Universitario
A Federación Galega de Taekwondo presentou hoxe aos catro deportistas galegos que participarán no Mundial Universitario de Taekwondo de Vigo: Fernando Rascado, Fani Hernández, Juan Fernández e Rebeca Mariño. Eles serán os deportistas, pero ademais tamén haberá presenza no colectivo arbitral, xa que a árbitra viguesa, María Bautista, acaba de ser seleccionada para arbitrar no campionato.
Ao acto de presentación asistiron, ademais dos deportistas e o seu técnico Jesús Benito; a presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Mercé Barrientos; o concelleiro de Deportes de Vigo, Xabier Alonso; a directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Elena Fernández; o director da área de Estudantes e Deportes da Universidade de Vigo, Miguel Ángel Nombela; e o responsable de Comunicación de Pescanova, Isaac González.
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recordou que nestas dúas semanas "temos en Vigo o Forum Fisu e a próxima semana o Campionato do Mundo Universitario, dous eventos que ningunha cidade do Estado pode organizar". Pero a pesar do importantes que son este tipo de eventos, o responsable da área de Deportes do Concello de Vigo manifestou que "o noso interese é vincular estes eventos co traballo na base, para darlle continuidade ao traballo que están a desenvolver federacións como a de taekwondo, a que teño que felicitar polo seu esforzo e entrega".
A presidenta da Federación destacou o esforzo e traballo das e dos deportistas que "ademais de grandes deportistas, son magníficos estudantes e sempre amosan un comportamento excepcional, por iso estamos sumamente orgullosos deles". Barrientos recordou que Galicia aporta ¼ do total da selección galega (composta por 16 deportistas) e iso "a pesar dos atrancos e as dificultades que ás veces nos poñen". A presidenta referiuse a preselección que tivo que facer o único vigués seleccionado, Fernando Rascado, "que tivo que desprazarse a Catalunya, para enfrontarse a un competidor catalán, con árbitros cataláns... E o único que pedimos dende a Federación Galega é un trato igualitario para todos e todas e coñecer as regras do xogo antes do inicio".
Descargar todas as imaxes