Escoitar

Xesus López anuncia que Andrés Calamaro presentará o 18 de setembro nas Travesas o seu último traballo "On the rock"

O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes que o músico arxentino Andrés Calamaro actuará no pavillón de As Travesas o vindeiro 18 de setembro ás 22 horas. O concelleiro nacionalista explicou que no concerto Calamaro presentará o seu último traballo, "On the rock", e que as entradas poden adquirirse na taquilla de Carrefour e a través de Ticketmaster a un prezo de 30 euros.

martes, 22 xuñ 2010
1277210206Calamaro.JPG
O nacionalista lembrou que Andrés Calamaro xa de neno tiña madeira de artista, xa que aos 10 anos compuxo a primeira canción e que dende entón conta cunha "longa lista de discos e recoñecementos". Sinalou que é un artista "politicamente incorrecto", ao terse manifestado como "non progre" en protesta pola posible prohibición de corridas de touros en Cataluña.

O concelleiro de Cultura destacou que o disco "On the rock" é un traballo "cheo de contrastes", no que fai introducións no flamenco e na música folk e que conta coa colaboración de Pereza e El Longui, entre outros artistas. "É un maxistral Andrés Calamaro na súa esencia máis pura", afirmou.

En resposta ás preguntas dos medios sobre o peche da programación, Xesus López asegurou que aínda falta un concerto "por concretar". Ao respecto dixo que "queda un concerto por pechar que é un concerto internacional que porá a guinda ao programa". Preguntado sobre os orzamentos da programación das festas deste ano, manifestou que cun menor orzamento conseguimos un cartel "único en Galiza moi, moi apañadito".

Ademáis Xesus López lembrou que "para este verán temos todo Vigo cheo de programación cultural". Así, menciouno o concerto que Alejandro Sanz realizou recentemente no Ifevi; o inicio mañá do Imaxinsons 2010; os concertos que se celebrarán nos xardíns de Castrelos os venres do 2 de xullo ao 10 de setembro; o Vigo Transforma, que terá lugar a principios de xullo; e nos meses de xullo e agosto "a longa lista de concertos que se realizarán no auditorio de Castrelos".
Descargar todas as imaxes