O Concello recibe o visto bo de Sanidade e abre ao público as catro piscinas de Samil
O Concello de Vigo abriu hoxe martes ao público as catro piscinas de Samil, unha vez o goberno local recibíu da inspección autonómica da Consellería de Sanidade o visto bo á calidade das augas e certificaron que son aptas para o baño. Tras a comunicación comunicación oficial efectuada hoxe por parte dos inspectores da Xunta de Galicia, o Concello procede a apertura inmediata das catro instalacións de Samil.
