Escoitar

A Cruz Roja trasladalle ao alcalde que estaría disposta a conveniar coa Xunta unha saida para o hospital vigués

A acordo pasaría porque no novo convenio de financiamento a administración autómica e o Sergas asumiran o desfase presupuestario do centro hospitalario vigués. Así o asegurou o alcalde tras reunirse esta mañán coa presidenta de Cruz Roja, María del Carmen Colmeiro Laforet e coa presidenta da institución en Vigo, María Teresa Álvarez a quen lles transmitiu a insatisfacción e o descontento polo peche do hospital da Cruz Roja na cidade, que significará a perda de 60 camas para enfermos crónicos e de longa estadía.

venres, 16 abr 2010
1271423549cruzroja.jpg
Segundo apuntou Abel Caballero a institución estaría disposta a levar esta nova ocpión adiante, saludada polo rexidor local xa que traduciríase na permanencia do centro hospitalario na cidade. Caballero explicou que quen ten a competencia e a responsabilidade sanitaria en Galicia e en Vigo é a Xunta de Galicia e o Sergas e que, polo tanto, "o responsable do peche do hospital é o Sergas".

Neste sentido dixo que así como a Cruz Roja "respondeu inmediatamente" á petición dunha entrevista por parte do alcalde todavía segue esperando por unha contestación da Xunta. "Enviámoslle requirimentos á Xunta, ao presidente e a conselleira de Sanidade para que veñan a dar explicacións pero a resposta é o silencio", afirmou.

Por elo a lectura feita polo alcalde é que a Xunta "non ten vocación de atender a sanidade de Vigo". Un feito que, segundo o seu parecer, está refrendado pola mesma petición de diálogo sobre o novo hospital de Vigo. Abel Caballero manifestou o seu rexeitamento a fórmula de financiación pretendida pola Xunta para a nova dotación sanitaria e por iso pediu unha entrevista "para tratar o tema en profundidade".

Novo sistema de financiamento
A pesar de que tampouco obtivo resposta da Xunta neste sentido Abel Caballero ofréceulle ao presidente da Xunta un "sistema de financiación diferente para que se constrúa un hospital público en Vigo, con financiación pública". O alcalde dispón xa dun estudio polo que "se produciría endebedamento a través da Sociedade Pública de Investimento, non computable no índice de endebedamento da comunidade". Sería, tal e como explicou "endebedamento público para que nestes momentos a Xunta dotase a Vigo dun hospital público, financiado por recursos públicos".
O alcalde manifestou que este plan sería "económicamente máis eficiente e máis barato" polo que agardou que o presidente da Xunta o teña en conta.
Descargar todas as imaxes