Escoitar
Administración de Tributos

Exposición pública do padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica

<br />

venres, 16 abr 2010
Segundo a publicación no BOP número 59 de 29 de marzo de 2010, o padrón do Imposto sobre vehículos de tracciòn mecánica do ano 2010 estivo en exposición pública dende o 30 de marzo ata 13 abril. O citado padrón continuará o período de exposición antedito ata o 30 de abril, na oficina do Imposto de vehículos de tracción mecánica do Concello de luns a vernes, no terminal sito na Lonxa do Concello de luns a sabado e na páxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital.

As persoas interesadas poderán consultar o dito padrón e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 7/1985 das bases de réxime local.