Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

venres, 16 abr 2010
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 19 ABRIL DE 2010.


1.- Acta da sesións extraordinarias e urxentes do 7, 8 e 9 de abril de 2009.


ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
2.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Corais polifónicas de Vigo para a organización do programa "Vigo, un mar de corais" para o ano 2010.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Dar conta da relación de Sentenzas e Autos remitidos por Asesoría Xurídica:

a) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 11/2007 P.O. Demandante: PAVESTONE, S.L. Obxecto: Resolución do 11.11.2006 e 22.01.07 (en reposición) Sanción de 2000 € e cesamento de actividade (medio ambiente) Expte.: 3902/306. Desestimado o recurso.

Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 2ª no rec. Apelación nº 4313/2008 interposto por PAVESTONE S.L. contra a devandita sentenza. Desestimado o rec. Apelación.

b) Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 1ª, no rec. Apelación nº 348/2009, interposto polo CONCELLO DE VIGO contra sentenza estimatoria do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 212/2008 P.A. sobre selección de persoal para oficina de atención a inmigrantes. Desestimado o recurso.

c) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 18 de Madrid no RC-A nº 1118/09 P.A. Demandante: AUTOPARK RENTING DE VEHÍCULOS, S.A. Obxecto: Sanción de tráfico. Expte.: 098629321. Declara a incompetencia territorial do Xulgado.

d) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 520/2009 P.A. Demandante: Dª. MERCEDES CAO IGLESIAS. Obxecto: Resolución do 27.10.2009, estimación parcial reclamación patrimonial, expte.: 2048/243. Desestimado o recurso.

e) Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 1ª no rec. Apelación nº 234/2009 interposto por D. RAMÓN FERNÁNDEZ-LINARES BOUZA contra sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 411/08 P.A. desestimatoria sobre complemento de "altos cargos". Desestimado o recurso apelación.

f) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.O. 114/2007. Demandante: D. Julio González Fernández. Obxecto: Resolución do 26/05/2005 (e 23/11/2006) Recuperación de oficio da fonte pública da Merla, Lavadores. Expediente: 17017/240. Desestimado o recurso.

Sentenza do TSXG, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2ª, no rec. Apelación nº 4341/2008 interposto por D. Julio González Fernández contra a devandita sentenza. Desestimado o recurso apelación.

g) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 516/2009 P.A. Demandante: Dª. Mª JESÚS RODRÍGUEZ CASAL. Obxecto: Resolución 07.10.2009, reclamación patrimonial, expte.: 1993/243.

h) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 9/2010 P.A. Demandante: D. ROMÁN MARTÍNEZ BOUZÓN. Obxecto: Resolución 22.12.09.SANCIÓN DE TRÁFICO. Expte.: 098691751. Estimado o recurso.


BENESTAR SOCIAL
4.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: exptes. 12/2526, 12/52.

5.- Proxecto de convenio de colaboración coa Fundación Menela para o financiamento dun programa de "Respiro Familiar" para familias ou coidadores de persoas afectadas por algunha discapacidade. Expte. 49820/301.

DEPORTES
6.- Proposta de autorización ao ANPA Párroco Don Camilo para organizar o XXVI Cross Escolar Don Camilo o día 1 de maio de 2010. Expte. 9459/333.

ELECTROMECÁNICOS
7.- Indemnización substitutiva por importe de 45.670,39 € como consecuencia da prestación do servizo de mantemento de túneles durante o mes de febreiro. Expte. 13373/444.

LIMPEZA
8.- Expediente de contratación da xestión do servizo de tratamento final de residuos voluminosos (LER 200307). Expte. 2543/252.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
9.- Devolución de aval constituído por Construcciones Hermanos Alonso Perez S.L. por obras na rúa Sanjurjo Badía 246-250. Expte. 71232/210.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
10.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de marzo de 2010. Expte. 1036/334.




PARQUE MÓBIL
11.- Proposta para dar de baixa como despezamento a máquina municipal matrícula PO-24545-VE. Expte. 7408/445.

PATRIMONIO
12.- Solicitude da Sociedade Estatal Correos y Telégrafos S.A. de devolución de aval pola instalación de buzóns na vía pública. Expte. 18403/240.

POLICÍA LOCAL
13.- Proposta de incoación de dilixencias informativas de carácter disciplinario contra funcionario de carreira da Policía Local. Expte. 34247/212.

RECURSOS HUMANOS
14.- Dar conta da resolución de cese de comisión de servizos de Dª Marta Molíns Otero. Expte. 19806/220.

15.- Complemento de produtividade de D. Carlos Román Casas, período 24 de novembro a 31 de decembro de 2009. Expte. 19728/220.

16.- Produtividade de D. Miguel Miranda Pan, período 1 de xuño de 2009 a 27 de febreiro de 2010. Expte. 19727/220.

17.- Contratación temporal para cubrir período vacacional 2010 de catro funcionarios adscritos a Unidade Asistencia de Drogodependencias-CEDRO. Expte. 19790/220.

18.- Bases e orzamento do Fondo de Acción Social para o ano 2010. Expte. 19775/220.

19.- Complemento de produtividade aos oficiais condutores adscritos ao servizo do Gabinete da Alcaldía. Expte. 19593/220.

20.- Complemento de produtividade de D. Rafael Ojea Pérez período 1 de outubro de 2008 a 1 de outubro de 2009. Expte. 19428/220.

21.- Rectificación de erro do acordo Xunta Goberno Local de 26.03.2010 sobre concesión axudas con cargo ao Fondo Social correspondente ao curso 2009-2010. Expte. 19807/220.

SERVIZOS XERAIS
22.- Devolución de fianza a favor de Decoraciones Instalaciones y Construcciones Madrid S.L. por ocupación da vía pública en Alfonso XII, 31. Expte. 61267/250.

23.- Cambio nomeamento como director facultativo das obras de acondicionamento, mantemento e reparación das Infraestructuras Viarias do Concello de Vigo. Expte. 753/443.

24.- Prórroga do contrato de subministro de mesturas bituminosas para o Servizo de Vías e Obras. Expte. 54057/250.

URBANISMO
25.- Modificación puntual do Plan Especial de reforma interior PERI II-09 "A Bouza Sur" (API-61 PXOM) – Plan Especial de Infraestructuras e dotacións (PEID). Aprobación inicial. Expte. 11925/411.


26.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 19 de abril de 2010, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 15 de abril de 2010.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.