Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Arieiro

<br />

venres, 16 abr 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de canalización de saneamento, a realizar pola empresa Aqualia, estará pechada ao tráfico a rúa Arieiro, con acceso exclusivo para garaxes, dende o sábado 17 de abril de 2010 ás 08:00 horas e por un período aproximado dun día.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas interiores do Hospital Meixoeiro. Mentres duren as obras establécese doble sentido nun treito da estrada de entrada ao Hospital (até a entrada aos aparcamentos).
Solicítase a máxima colaboración cidadá.