O xacemento de O Castro acada os 10.000 visitantes, que valoran o recinto cunha nota media próxima ao 9
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este venres que as visitas ao xacemento de O Castro sumarán entre hoxe e mañá as 10.000 persoas dende a súa apertura hai dous meses e medio tras a súa recuperación. Na visita que realizou xunto ao concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o edil destacou tamén que a afluenza de público é unha media de 165 visitantes diarios e que a nota media que conceden ao recinto é de 8,8.
Santi Domínguez expresou a súa satisfacción polo éxito que supón acadar os 10.000 visitantes en tan pouco tempo, polo que a persoa que cumpra ese número será agasallada cun libro e diferente material sobre Vigo. Sinalou que era unha cifra difícil de acadar, especialmente tendo en conta que se trata dunha instalación ao aire libre, onde as visitas están condicionadas polo tempo e que nestes meses non acompañou demasiado. "Podemos adiantar que dos xacementos galegos, con esta cifra batimos todos os récords", destacou.
O tenente de alcalde fixo referenza á procedencia dos visitantes. Ao respecto destacou que o xacemento despertou un gran interese entre a poboación viguesa, que representa o 70% das visitas. Pero tamén salientou que é un dato importante que o 30% das persoas que se achegan ao poboado do Castro son de fóra de Vigo. "Este é un dato moi importante porque amosa que esta actuación é un atractivo turístico", comentou. Ao respecto dos países de orixe das persoas de fóra de Galiza Santi Domínguez destacou Alemaña, Italia, Inglaterra, Arxentina, Brasil e Colombia. Despois dos vigueses, a maior afluencia de público é do resto da provincia, e o número de visitantes do resto de Galiza e do resto do Estado está moi parello.
Santi Domínguez explicou que do tipo de visitantes que se ten achegado ao xacemento salienta un "dos máis difícil de conseguir neste tipo de propostas", como é o público familiar e de grupo de amigos. Sinalou tamén que a media diaria de visitantes ronda as 165 persoas, aínda que a maior afluencia se produce durante os fins de semana, e nomeadamente os domingos. Por outra banda, fixéronse 1.184 visitas guiadas concertadas, sobre todo para familias, escolares e asociacións, aínda que esta cifra se incrementa coas persoas que no propio xacemento se suman ás explicacións que ofrecen os guías.
Outro aspecto no que incidiu o tenente de alcalde foron as enquisas de valoración que cubren os visitantes tras o seu percorrido polo xacemento. "Son a maior proba do éxito desta iniciativa", subliñou, xa que a nota media é dun 8,8. Neste sentido afirmou que mostra o bo traballo que se fixo na recuperación e musealización dos restos e que agora impulsa a facer unha labor "permanente de mantemento". Santi Domínguez resaltou que as valoracións máis altas foron concedidas por persoas de fóra de Vigo, especialmente polos estranxeiros. Apuntou que nestes casos, a puntuación nunca baixou do 9,1.
Os visitantes tamén teñen a posibilidade de expresar os seus comentarios e suxestións. No primeiro caso, o nacionalista destacou que van na liña de felicitar pola actuación realizada e animar a continuar con este traballo de recuperación do patrinmonio. No tocante ás suxestións, segundo indicou Santi Domínguez, animan a seguir coas excavacións e a reconstrución de máis vivendas, así como colocar varandas para definir as zonas de paso.
En resposta ás preguntas dos medios sobre se está previsto seguir ampliando a escavación, Santi Domínguez destacou que o obxectivo prioritario inicial era poñer en valor o xacemento, e que na actualidade é seguir coas labores de mantenemento. "Iremos valorando, cos recursos que temos, se podemos continuar a actuación", indicou.
A respecto da segunda fase de actuación sobre o patrimonio histórico vigués, explicou que xa se está traballando nela e consiste nos traballos de coordinación entre este xacemento de O Castro co de Toralla e o Museo da Cidade, establecendo rutas.
Descargar todas as imaxes