O alcalde avanza que a inicios de 2010 sondearase a demanda existente nas zonas con falta de aparcamentos para residentes
Abel Caballero explicou que lanzarán as enquisas en once zonas de Vigo con vivendas sen garaxe para coñecer se "hai demanda certa" de aparcamentos. Se os servizos xurídicos avalan a proposta, a intención municipal é vender ás prazas aos residentes -non en concesión- a precio de custo e "con especulación cero".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que -"se hai demanda certa"- o obxectivo do Concello é crear aparcamentos para residentes en 11 zonas da cidade que carecen en gran medida de garaxes.
Despois dun estudio de viabilidade da proposta positivo, os servizos xurídicos están a estudar vías legais para a venda e non concesión das prazas aos residentes a precio de coste.
Esta proposta foi entroncada polo alcalde co estudo sobre aparcamentos disuatorios que está a ultimar o Valedor do Cidadá, Luis Espada, con quen Abel Caballero reuníuse este xoves. Espada propón os aparcamentos para 2016 e terá rematado o traballo no prazo dun mes.
Ademais, Espada e Caballero revisaron o estudo de mobilidade do Valedor, tamén casi concluido, e do que o alcalde destacou que detecta un caída do 8% do emprego do transporte escolar público en beneficio do privado. Este "retroceso" do servizo público será estudado, sinalou Abel Caballero, coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes