Escoitar

O alcalde percorre o tramo vigués do Camiño de Santiago cos peregrinos europeos que reivindican a ruta pola costa

Abel Caballero completou este xoves a parte viguesa do Camiño de Santiago cos peregrinos europeos do proxecto Stellae que partiron desde Portugal como reivindicación da ruta que percorre a costa pontevedresa. O alcalde salientou a "idea brillante" de tratar o camiño que pasa por Vigo como un "ámbito de unión da nova Europa".

xoves, 13 ago 2009
1250172198camino.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves no tramo vigués da ruta xacobea que pasa pola cidade olívica acompañando aos peregrinos europeos do proxecto Stellae, que procuran reivindicar o camiño pola costa pontevedresa.

Abel Caballero salientou que a iniciativa "é unha mostra da nova Europa" e da "cooperación" entre os países, e cualificou como "idea brillante" o tratamento deste percorrido como un "ámbito de unión da nova Europa".

Xunto ao alcalde, outros membros da Corporación como os edís Chus Lago e Carlos López Font participaron no percorrido, ao igual que a delegada da Xunta, Lucía Molares.
Descargar todas as imaxes