Eudosio Álvarez anuncia que en setembro se reanudarán as visitas teatralizadas ao museo de Castrelos
Dado o gran éxito acadado polo programa de visitas teatralizadas ao museo de Castrelos "Misterio no museo", o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou este xoves que no mes de setembro reanudarase esta iniciativa. "Estamos a traballar para que toda a cidadanía poida disfrutar desta proposta e queremos que o programa teña continuidade no vindeiro ano", salientou o concelleiro nacionalista.
O concelleiro de Patrimonio Histórico sinalou que as representacións que terán lugar a partir do mes de setembro serán interpretadas tamén pola compañía "Cada día peor", de xeito que María Chamadoira fará o papel da marquesa, Antón Veiga será o mordomo, Carlos Tresandi o detective Nogueira e Iván Rodríguez o axudante. "O feito de que as 150 entradas postas a disposición do público para as visitas da semana que vén non indica que a cidadanía lle interesa as propostas que estamos a desenvolver", afirmou Eudosio Álvarez.
"O noso obxectivo é dar a coñecer a historia do pazo dun xeito atractivo partindo dunha trama onde todos os presentes se atopan implicados", explicou o edil nacionalista. Neste sentido, Álvarez sinalou que esta é unha "forma diferente de coñecer o museo Quiñones de León", que servirá para "impulsar unha proposta de museo de cidade, con diferentes sedes pero co pazo de Castrelos como referentes".