venres, 12 xuño 2009

O alcalde solicita a Fomento a cesión do tramo de autovía entre a praza de España e Puxeiros

Abel Caballero reuníuse este venres co xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, con quen iniciou formalmente a tramitación da cesión da titularidade deste tramo de autovía, que pasaría a ser vial urbano. O alcalde, quen indicou que o Ministerio ten "vontade de cesión", asegurou que "nuns meses" será municipal e poderá entón iniciarse a humanización da Avenida de Madrid.<br />

O servizo de Coidadores de Barrio, que realizou 6.924 intervencións en cinco meses, terá horario nocturno

venres, 12 xuñ 2009

O tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello, Santi Domínguez, deu conta hoxe das novidades que presenta o servizo de coidadores de barrio para os vindeiros mesmes. Entre elas figura a ampliación do seu horario ata as 5 da mañá ata o día 31 de agosto, e o incremento da súa plantilla, de xeito que alcalza os 14 traballadores, co obxectivo de "reforzar a presenza dos coidadores nas zonas eminentemente turísticas".

Iolanda Veloso clausura o programa "Camiña con nós pola igualdade", no que participaron 2.800 estudantes

venres, 12 xuñ 2009

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausurou este venres no CEIP Pintor Laxeiro a cuarta edición do programa "Camiña con nós pola igualdade". Neste programa, dirixido a alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos de Educación Infantil e 6º curso de Educación Primaria, segundo salientou a concelleira, participaron máis de 2.800 estudantes de trinta centros de ensino de Vigo.

Benestar Social

Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o mantemento e fomento de actividades de maiores e de benestar social no ano 2

venres, 12 xuñ 2009

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18 de maio de 2009, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o mantemento e fomento de actividades de maiores e de benestar social" no ano 2009.