Escoitar
Animación Sociocultural

Convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais 2009

<br />

venres, 12 xuñ 2009
Tras a publicación o 4 de xuño de 2009 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 18 de maio), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2009.

As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamento ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días naturais a contar desde a publicacións da covocatoria no BOP: do 5 ata o 24 de xuño de 2009, ambos incluídos.

Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñibel nos servizos de información do Concello de Vigo, na páxima web (www.vigo.org) e no servizo de Animación Sociocultural.