Escoitar

O alcalde salienta que o comité de rutas para Peinador seguirá o modelo do constituido no aeroporto de Barcelona

Abel Caballero reuniuse onte mércores en Madrid co Presidente de AENA, Juan Ignacio Lema, encontro de "gran importancia" no que revisaron o estado das obras de Peinador, o seu Plan Director e acordaron crear un Comité de Rutas para potenciar o aeroporto vigués, o segundo en España despois do de Barcelona. <br />

xoves, 11 xuñ 2009
1244726121aena.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de Aeroportos Nacionais (AENA), Juan Ignacio Lema, acordaron onte mércores en Madrid a creación dun Comité de Rutas para Peinador que seguirá o modelo do de Barcelona, o único constituido actualmente en España.

O Comité será liderado polo alcalde coa presenza de AENA e outras entidades viguesas por definir, ainda que o rexedor xa avanzou a súa vontade de convidar á Cámara de Comercio, por exemplo. O obxectio do mesmo será potenciar o aeroporto de Vigo mediante a procura de novas conexións e a supervisión e seguemento das obras de ampliación.

O alcalde repasou co presidente de AENA o Plan Director do aeroporto de Vigo, que entrará no Concello nos próximos días para pasar a exposición pública, segundo manifestou hoxe xoves Abel Caballero. Tamén constataron o cumprimento dos prazos de finalización das obras dos aparcadoiros, que estarán rematados no verán de 2010 e cuxo prezo ascendeu dos 32 millóns de euros estimados inicialmente aos 40 millóns finais.

Abel Caballero salientou precisamente a "celeridade e dispoñibilidade orzamentaria" garantida por AENA para os proxectos do aeroporto vigués, como acontece cos aparcamentos e tamén sucederá coa nova terminal. A este respecto, o alcalde indicou que César Portela, o arquitecto encargado do deseño, terá rematado o proxecto a finais de verán aproximadamente, e será entón cando se licite e contrate a nova terminal, que triplicará a capacidade da actual.

Abel Caballero puxo de relevancia a "máxima cooperación" do presidente de Aeroportos Nacionais para facer de Peinador un "aeroporto de referencia en Galicia".
Descargar todas as imaxes