xoves, 11 xuñ 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, inauguraron este xoves en Coia o primeiro Centro Municipal de Servizos Sociais construido nun distrito da cidade. Este novo centro, que atenderá unha poboación de 75.000 persoas, aglutina as unidades básicas de atención social de Coia, Castrelos, Navia e Litoral, cumprindo así o obxectivo subliñado polo tenente de alcalde de "descentralizar os servizos municipais, achegándoos á cidadanía".
xoves, 11 xuñ 2009
Luis Espada e Abel Caballero presentaron este xoves o libro "Niveis de satisfacción da cidadanía coa súa comunidade local. Aplicación ao municipio de Vigo e comparación con outras cidades europeas". O estudo revela que, en comparación co 2007, os vigueses valoran mellor o entorno, os servizos sociais, as zonas verdes e a limpeza da urbe.
xoves, 11 xuñ 2009
Abel Caballero recibiu hoxe xoves aos deputados do grupo socialista no Parlamento de Galicia radicados en Vigo e o seu entorno, unha "reunión de traballo" para trasladar á cámara autonómica os temas relativos á "primeira cidade de Galicia", como a relación administrativa coa Xunta de Galicia.
xoves, 11 xuñ 2009
O Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons" programa cada ano clases maxistrais que, por un lado, contribúen á experiencia formativa de músicos e afeccionados e, por outro, supoñen un excepcional achegamento entre artistas de sólida traxectoria con aquelas persoas que desexan afondar nos segredos do jazz e da improvisación. Na quinta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons as clases maxistrais serán impartidas por Fred Frith, o martes 30 de xuño, e polo trombonista Nils Wogram, o sábado 4 de xullo. A inscrición nestas sesións, que se desenvolverán no Conservatorio Superior de Música de Vigo de 11h a 13.30h, é gratuíta e podes facela premendo aquí http://www.imaxinasons.com/gl/inscricion
xoves, 11 xuñ 2009
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo, desenvolverá entre xullo e agosto as súas actividades estivais con dous obradoiros que queren achegar á cidadanía dous dos oficios tradicionais máis emblemáticos de Galicia: o tecido e a cestería.