Escoitar

O alcalde e os deputados locais do PSdG no Parlamento comparten os temas relativos á "primeira cidade de Galicia"<br />

Abel Caballero recibiu hoxe xoves aos deputados do grupo socialista no Parlamento de Galicia radicados en Vigo e o seu entorno, unha "reunión de traballo" para trasladar á cámara autonómica os temas relativos á "primeira cidade de Galicia", como a relación administrativa coa Xunta de Galicia.

xoves, 11 xuñ 2009
1244725723psdeg.JPG
O alcalde, Abel Caballero, entrevistouse este xoves cos deputados con relación con Vigo do PSdeG no Parlamento de Galicia para compartir a situación dos temas da cidade con relación á Xunta de Galicia.

No encontro repasaron, segundo explicaron posteriormente, os temas de interese para Vigo co obxecto de trasladalas ao Parlamento en próximas semanas para dar servizo á "primeira cidade de Galicia", segundo afirmou o voceiro do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga.

Alcalde e deputados debatiron sobre a situación do novo hospital de Vigo, que incluirá 1.500 camas, e sobre a relación administrativa e territorial da cidade na relación ao organismo autonómico.
Descargar todas as imaxes