Escoitar

Un estudo do Valedor do Cidadá revela que os vigueses están cada vez máis satisfeitos cos servizos da cidade

Luis Espada e Abel Caballero presentaron este xoves o libro "Niveis de satisfacción da cidadanía coa súa comunidade local. Aplicación ao municipio de Vigo e comparación con outras cidades europeas". O estudo revela que, en comparación co 2007, os vigueses valoran mellor o entorno, os servizos sociais, as zonas verdes e a limpeza da urbe.

xoves, 11 xuñ 2009
1244726008P6110192.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Valedor do Cidadá, Luis Espada, presentaron este xoves os resultados dun estudo sobre a satisfacción da cidadanía coa súa urbe en comparación con anos anteriores e con outras cidades españolas e europeas.

Do libro "Niveis de satisfacción da cidadanía coa súa comunidade local. Aplicación ao municipio de Vigo e comparación con outras cidades europeas" despréndese que os vigueses están cada vez máis satisfeitos cos servizos da cidade, en particular co entorno natural, os servizos sociais, as zonas verdes e a limpeza.

Luis Espada explicou que os 14 indicadores empregados nas máis de 1.300 enquisas realizadas para a elaboración do estudo son os mesmos que os empregados en 2003 e en 2007, e tamén os mesmos avaliados nos estudos das restantes cidades españolas e europeas.

Seguindo a devantida metodoloxia, o Valedor salientou que o entorno natual é o que xera maior grao de satisfacción nos vigueses e outros nove son valorados como satisfatorios. Unicamente foron calificados como pouco satisfactorios o acceso á vivenda, o mercado labora, o tráfico e a participación nas decisións municipais.

En comparación co ano 2003, salientou Espada, a seguridade cidadá, as zonas de ocio e a calidade de espazos construidos pasaron a ser valorados como satisfactorios polos vigueses no estudo de 2009. Tamén subliñou o Valedor que en limpeza, en Vigo, "estamos por diante de casi toda Europa", na comparativa con outras urbes do vello continente.

Abel Caballero indicou que, na comparativa entre 2007 e 2009, a valoración dos vigueses mellora en 18 puntos porcentuais o entorno litoral, en 12 puntos os servizos sociais, en 7 puntos as zonas de ocio e verdes, en 13 puntos a recollida de basuras e limpeza, en 7 puntos os servizos de transporte, e en 4 puntos máis a seguridade cidadá.
Descargar todas as imaxes