Escoitar
Educación

Convocatoria específica para a concesión de subvencións á entidade deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2008/2009

<br />

venres, 12 xuñ 2009
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 11 de maio de 2009, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2008/2009" (BOP 29 de maio de 2009), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2009 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.00 "Subvención a clubs e entidades sen fin de lucro, un importe total de 578.500,00 euros (cincocentos setenta e oito mil quinientos euros).
Esta convovatoria, está destinada a Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo e que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria , co obxecto de contribuir a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva na tempada 2008/2009.
Tal como estabrece a clausula 10ª das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Província (BOP 29 de maio de 2009).
As bases e os anexos desta convocatoria están ao público na páxina Web do Concello, www.vigo.org