Escoitar

Iolanda Veloso clausura o programa "Camiña con nós pola igualdade", no que participaron 2.800 estudantes

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausurou este venres no CEIP Pintor Laxeiro a cuarta edición do programa "Camiña con nós pola igualdade". Neste programa, dirixido a alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos de Educación Infantil e 6º curso de Educación Primaria, segundo salientou a concelleira, participaron máis de 2.800 estudantes de trinta centros de ensino de Vigo.

venres, 12 xuñ 2009
1244812078caminaconnos.jpg
"Dende a Concellería de Igualdade consideramos fundamental fomentar a educación pola igualdade de oportunidades entre nenos e nenas desde a comunidade educativa", salientou Iolanda Veloso. Na súa intervención, a edil do BNG agradeceu a atención e o interese prestados polos nenos e nenas participantes e agasallounos con diverso material como viseras e pinturas.

Os obradoiros desenvolvéronse ao longo do curso en horario escolar, adaptándoos ás necesidades de cada centro educativo. Neste sentido, segundo indicou a concelleira de Igualdade, o programa desenvolveuse mediante unha metodoloxía lúdica "para promover a igualdade entre nenos e nenas".
Descargar todas as imaxes