Escoitar
Educación

Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a organización de eventos e actividades deportivas durante o 2009

<br />

venres, 12 xuñ 2009
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 11 de maio de 2009, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a organización de eventos e actividades deportivas durante o ano 2009" (BOP 29 de maio de 2009), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2009 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.01 "Subvencións eventos deportivos", por un importe total de 200.000,00 euros (Dous centos mil euros).Esta convovatoria, está destinada a entidades deportivas sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos, co obxecto de contribuir a financiar os gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos na cidade de Vigo durante o ano 2009.
Tal como estabrece a clausula 10ª das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Província (BOP 29 de maio de 2009). As bases e os anexos desta convocatoria están ao público na páxina Web do Concello, www.vigo.org