venres, 7 nov 2008
O seu Cónsul Xeral en España, Manuel Palomino de la Gala, entrevistouse este venres co alcalde, Abel Caballero, para informarlle da decisión adoptada polo goberno peruano. O rexedor mostrouse satisfeito pola nova e salientou a "fluidísima e importante" relación pesqueira de Vigo con Perú.
venres, 7 nov 2008
Divulgar a vida cotiá dos galegos e as galenas na época contemporánea é o obxectivo da terceira edición do Seminario Galego de Etnografía, segundo explicou este venres a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure. As xornadas, de carácter gratuíto, terán lugar os días 15, 22 e 29 de novembro no auditorio do Verbum-Casa das Palabras de 10.30 a 13.30 horas e a inscrición pode facerse a través da web www.vigo.org/artesania ou no teléfono 986 220 758.
venres, 7 nov 2008
A novena edición das Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas celebrarase esta fin de semana, 8 e 9 de novembro a partir das 20:00 horas no Centro Cultural Caixanova coa actuación de seis agrupacións galegas, según indicou este venres o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, Xesus López. O edil do BNG salienta que se trata dunhas xornadas gratuítas para as que se poden recoller as invitacións nas propias instalacións do Centro Cultural a partir das 18:30 horas.
venres, 7 nov 2008
O festival de música ARE MORE ofrece unha actuación do guitarrista Tomás Camacho, nunha homenaxe ao compositor Issac Albéniz. O concerto será o día 8 de novembro, na Igrexa de María Auxiliadora ás 20.45 horas. Con entrada libre até completar aforamento.
615 escolares de 11 centros de ensino da nosa cidade asistirán o luns a dúas funcións desta obra especialmente pensadas para o seu uso didáctivo
venres, 7 nov 2008
Dentro do Programa municipal de achegamento ao idioma inglés, Aulas Internacionais-Vigo activities, a concellería de Educación organiza unha serie de sesións de teatro profesional en inglés dirixido especialmente a escolares. O programa levará a escea o vindeiro luns 10 de novembro no Auditorio Helios de Bembrive, dous pases da obra "Treasure island" (a cargo de The new performers) especialmente dirixida ao alumnado de 3º a 6º de primaria.
A organización lanza a campaña "Quen se está cargando o clima?" en 44 cidades españolas, invitando á cidadanía a aportar a súa mensaxe sobre os efectos do calentamiento global nos países m&
venres, 7 nov 2008
O día 8 de Novembro das 12.00 ás 14.00 na na Praza do emigrante de Vigo, Intermón Oxfam comezará unha campaña dirixida a reclamar ao Goberno español un maior compromiso na loita contra o Cambio Climático -que está afectando a millóns de persoas pobres en todo o mundo- e conseguir ao mesmo tempo a implicación da cidadanía.
Mobilidade e Seguridade
venres, 7 nov 2008
Debido á execución das obras de humanización que se executan no entorno do Policlínico Povisa, e considerando a reducción de prazas de aparcamento da XER existentes en dita zona, autorízase provisionalmente aos residentes pertencentes ao sector sete, que comprende as rúas Tarragona, Zamora, Barcelona, Zaragoza, Pintor Colmeiro, Álvaro Cunqueiro, Salamanca e Regueiro, a estacionar nas prazas XER ubicadas no sector oito, que comprende as rúas Pintor Lugrís, López Mora, Alfonso X el Sabio, Pintor Laxeiro, Gerona, Otero Pedrayo e Regueiro.