xoves, 6 nov 2008
O alcalde informou este xoves que Urbanismo aprobou a contratación por procedemento negociado de catro ámbitos urbanísticos que inclúen 1.436 vivendas de protección, dun total de case 4.000. A resolución de urbanismo supone o inicio da urbanización de Santa Cristina, Fontes-Pertegueiras, Troncal e Pontenova. <br />
xoves, 6 nov 2008
Abel Caballero se entrevistou este xoves co presidente da A.VV. de Teis, a quen lle transmitiu o seu "acordo absoluto" á ubicación no monte de A Guía do monolito que rinde homenaxe aos fusilados en Teis en 1936. Ademais, o rexedor garantíu á diretiva de AETRAVI nunha entrevista a "cooperación" da Alcaldía para a "festa de aninovo de Vigo".<br />
xoves, 6 nov 2008
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio do Concello de Vigo, Santi Domínguez, inaugurou este xoves unha nova edición da Festa do Comercio que nesta ocasión chega ao Casco Vello co obxectivo de dinamizar o barrio histórico de Vigo. "Seguimos apostando por atraer a veciñanza ao pequeno e mediano comercio para impulsar un sector tan importante na nosa cidade", subliñou Santi Domínguez, quen sinalou que a inciativa responde a unha demanda do propio colectivo.
xoves, 6 nov 2008
A primeira edición das Xornadas do Deporte Galego en Navia inaugúrase o 7 de novembro, nas instalacións da asociación veciñal desta parroquia coa presenza do campión europeo de boxeo Iván Pozo e o seu adestrador, Paco Amoedo, segundo anunciou este xoves o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. O edil destacou a importancia desta iniciativa porque "é novidosa e reflicte o traballo a prol do deporte que están a desenvolver asociacións veciñais como a de Navia".
xoves, 6 nov 2008
Recuperar a festa do magosto como unha festa de barrio e da cultura galega na que participe toda a cidadanía é un dos obxectivos da programación "MoveVigo Magosto 2008", segundo salientou este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López. Na presentación do programa, na que tamén participou Xosé Couñago Ribeira, vogal de Cultura da Federación Veciñal "Eduardo Chao", o edilexplicou que 104 actividades terán lugar ata o 30 de novembro nos barrios e as parroquias de Vigo.
xoves, 6 nov 2008
Abel Caballero acudíu este xoves á Porta do Sol, onde está ubicado autobús decorado polos alumnos da Fundación Igualarte, a primeira escola artística de Galicia para persoas con necesidades educativas especiais, localizada en Vigo. <br />
xoves, 6 nov 2008
Coincidindo co arranque do novo curso escolar, a Fundación Laxeiro reanudou o pasado mércores as súas actividades didácticas para escolares baixo o título Coñece a Laxeiro co obxectivo de tender canles de comunicación entre a educación, a cultura e a arte.
xoves, 6 nov 2008
A compañía Lambríaca Producións representa a obra "Chicho e a Santa Compaña", ás 19.30 h. na AVV Emilio Crespo San Paio de Navia. Ás 20.00 horas na AVCD " Monte da Mina" de Castrelos o grupo de teatro Fulano, Mengano, Citano pora en escena "Arte" e Máscara Producións "Asalto de cama" ás 20 horas na AVV Agaraimo en San Xoán Poulo.